Consellos 1

Non deites as túas queixas naquel salgueiro branco
Que agora está durmido e soña con chegar
Á nova primavera.

Non deixes que o teu pranto impregne a súa beleza
De bágoas e saloucos, nin ames da súa sombra
O acougo e a quietude.

As árbores precisan tamén da soidade
E medran á procura de seren aínda libres
De tanto estar suxeitas á lei da grave terra.

Así que se procuras ornalas no misterio
Do noso rito escuro
Mellor que sexas ave.