Liñas aéreas

Morrer hei de morrer un día se deus quere
Acaso algunha noite de tarde ou de mañá
Que antes ou despois sen dúbida debemos
Tomar ese camiño subir a ese tranvía
Que diso non hai dúbida ninguén pode librarse
E o barco xa está á espera señores pasaxeiros
En nome das diversas persoas que formamos
Oh dámoslles benvindas non deixen de apretar
Os cintos por favor non fumen endereiten
O asento está a falarlles agora o comandante
Da nave en pouco tempo o Atlántico estaremos
Voando unha lixeira caricia de aire fresco
Un céfiro que errante servida será a cea
Que grata lles resulte connosco a travesía
Se acaso precisaren de axuda non dubiden
Non deixen de chamar morrer hei de morrer
Un día se deus quere en nome das diversas
Da nave en pouco tempo tomar ese camiño
Acaso algunha noite señores pasaxeiros
Non fumen endereiten non deixen de apretar