Sentado unha noite na Quintana dos Mortos
cando o voo dos reloxos enchía o seu eco na pedra
e pairaba un orballo de cinza nas torres doentes
escoitei a cidade renxer esvaecida
achegarse nun laio de sombra ao meu corpo
e soprar nos meus beixos a voz do delirio:
aquí están para sempre
a loucura
e o outono.