Todo é vácuo no silencio. Mais, porén,
tan enchido de murmurios está o día, e aínda a noite,
que a súa idea non é máis que unha fragancia.
Se, distante está o seu centro do desexo
en van procuran homes encontralo.
Retirado a propagarme o seu alento na memoria
paso días abatidos no bulicio de vivir
culminándome de oídos e bocas seladas
que, ao soñalo, se deteñen co bater do corazón.
Non terás nunca esa sorte, camiñante.
Está ao final de toda viaxe.