Se un día vas a Tui, á feira que celebran
Os martes ou os mércores, non lembro agora ben,
Errantes vendedores de roupa e de calzado,
E dás en percorrer as rúas que conducen
Da antiga catedral ao límite do río,
Acórdate de min e entrégalle esta nota
A unha que solteira xa pasa dos corenta.
Sen dúbida verás que é fácil encontrala,
Non tes máis que mirar as augas alá embaixo
E erguer despois a vista no asombro da beleza
Das casas medeivais á liña que debuxa
Valença contra o ceo.
Entón xa saberás de quen estou falando:
A herdeira dun tal Límite, a Dama Da Fronteira