Como o pouso un tanto amargo que deixa o viño seco,
como a froita derramada que se torna aceda e doce,
como os días de nordés en que o sol aquece o frío,
como as noites de verán en que a luz vive na sombra,
así foi o meu camiño polas veigas consteladas,
polos montes da tristeza.
Souben ver axiña os pozos, os caborcos, os regatos,
mais perdín tantas semanas estudando no luar
que inda agora cando o escuro se debruza sobre min
e dispoño os meus diarios, os cadernos en que fun,
non atopo máis que vellas cicatrices,
cartas longas que un amor me remitía
para as torres e os palacios
onde, só, dilapidei toda a fortuna.
Pingback: Caligrafía I « O Ximnasio de Academo
Pingback: O Ximnasio de Academo » Caligrafía I