porque EU sabe que o discurso
moitas veces o procura
sen querer para salvalo
e entón sabe que perdido
xa nunca encontrará
o que ansía cobizoso
e é por iso que precisa
perderse na linguaxe
no percurso dos vocábulos
na distancia dos camiños
porque é ese procurar
o que dá sentido á vida
non ten outro máis que ir
entre nomes e adxectivos
entre verbos conxuncións
como un reo condenado
na procura dese instante
(o do vil fusilamento)
sen sabermos que o que cae
non é máis que o seu fantasma
un espectro da linguaxe
unha forma sen sentido