as nubes debuxando efémeras paisaxes
levando polo río no barco do silencio
a épica feliz do canto e da memoria
o tempo co seu leve devalo cara ás sombras
sen elas non soubemos que rumbos procurar
espectros que se deron a errar polos camiños
soñando con fracasos de viños moi escuros
por iso teñen formas de sono e de preguiza
materias que han ficar no límite das horas
alén dos muros altos da torre do desexo
palabras contra a tarde no fondo da distancia.
o mesmo que un diamante igual que unha paixón
nos grandes almacéns que habita Escuridade
que nunca se te acheguen voraces como incendios
as lavas silenciosas das páxinas do olvido
fragancias trastornadas na terra cando seca
que o século que tiñas xa vai medio gastado
penando por vivir tamaña desmesura