antipoema

tumblr_m0y2nrxoVm1rrnybvo1_500

el viña coa carreta dos espolios polo fondo da ribeira e tiña os labres rotos de falar

igual que un púxil farto de bater o corpo contra as sombras

un touro envellecido pola lidia

bebía da garrafa uns viños tan escuros que ás veces ao vertérense pintaban polo chan un sulco repentino de tristeza

andaba a repartir sandalias

tamén vendía libros clausurados moreas de papel que se estragara coas páxinas pegadas

e tiña como medio de transporte unha mula que gañara na taberna apostando nun xogo de cartas

faláranlle de min amigos comúns

polas noites procuraba un alivio no luar