e souben que era triste estar calado
que andaban as palabras a ferver
moendo os seus recordos contra as pedras
e había unha distancia polo fondo
e foi por esa altura que Nietzsche apareceu roendo unha mazá
os brazos a estender como a aguia que paira alá no alto do deserto
e dixo circunspecto cegado pola sombra e polo frío
nación esvaecida
infame mar de arañas
quen sabe que sentido gardaban para el tales palabras sentado nunha rocha ante o solpor
mais era o seu enigma un arreguizo
un fío de electróns que che baixaba
seguindo o val do lombo con tristeza
e fun coller madeira por prender
un lume que aquecese na noitiña