veleiros que se inflaman de ritmo e ousadía.
un mar que se esparexe camiño do horizonte,
a tebra que se asenta no centro da mirada
os días entre signos e códigos e cifras
seguindo a longa liña das luces polas beiras
ardendo como un faro no inferno dos recordos
a tarde unha columna do templo da existencia
que acende buliciosa os fósforos dos astros
azuis caligrafías e notas posuídas
(E fóra estaba escuro chovía sobre as augas
Fariña a esparexerse nun cárcere sen luz)
son eses os trebellos que cabe procurar
as follas de ignominia ruínas da paixón
pra ser acaso dono do poema