e volvo enaltecer o espírito tocando
o insomne clarinete da lúa entre cristais
e a casa enteira cobra un eco de harmonía
entón bebo cansado deléitome sen forza
co pouco que inda gardo dos tempos dos lugares
e vexo unha lembranza morrer no esquecemento
a luz como un foguete que fose transportarnos
ás praias que abre abril nas plácidas ribeiras
fenece pois oh Inverno ah córvida estación
das augas devalando camiño dos seus mares
un voo de desamparo fechando este retiro
disposto contra o pano da distancia
oh pedras diluídas en prantos milenarios
oh séculos de chuvia oh montes sen calor