Contan sabios que o estorniño
é unha ave prodixiosa.
Sabe voar con varios miles
da súa especie sen bater
nunca o corpo do contrario.
E virar en multitude
cunha extrema lixeireza.
Velaí como engalanan
o horizonte por setembro.
Sincronía en sombra.
Acrobática nación.