Xardín queimado–fragmento I

Álvaro Cunqueiro

LASCIATE OGNI SPERANZA, VOI CH’INTRATE

LADIES AND GENTLEMEN,

YOUR ATENTION PLEASE

Falareivos da nación

Neboenta dos poetas

República infeliz

Xardín queimado

Hai xa tempo que deixei

Na distancia os seus outeiros

As súas pontes contra o ceo

Os seus templos sen deidades

Que hai xa tempo que caín

Baixo a lúa deste exilio

Ah tórrido lugar de xentes sen tristeza

Un can abandonado

Xa orfo e vagabundo

Xa herdeiro no silencio

Nin sequera embaixador

Triste cónsul honorario

E é por iso que os seus vales proxectando sobre min

Unha sombra de saudade

A soprar na miña orella

Van ditando a ladaíña

Como unha aixola en pradairos lisos

“triste cónsul honorario / nunca deixes de cantar”

E repiten coa dozura dunha música irlandesa:

“triste cónsul honorario / nunca deixes de cantar”

 

 

para descargar o poema completo