Xardín queimado-fragmento III

Antón Avilés de Taramancos

Fixéronse daquela moi longos os invernos

Os barcos non traían o pálpito do mar

O mundo andaba errante virando no silencio

E vós tan afastada sen nada para dar

Que triste percorrer as rúas baixo a chuvia

Tomar o mesmo rumbo no pánico da noite

Volver a refundar a casa na soidade…

Falareivos da nación

Porque o obxecto a

Impide que o círculo de pracer se feche

Introduce un dispracer irreductible

Porque o obxecto a

Funciona como unha fenda

No círculo fechado do aparello psíquico

Gobernado polo principio de pracer

Unha fenda que o derruba e obriga

A botar unha ollada ao mundo

A ter en conta a realidade

(Neboenta dos poetas)

Porque o Grande Outro aparece como unha

Axencia oculta a manexar

Os fíos

Unha man

Que anima o espectáculo entre bastidores

A divina providencia cristiá

A astucia da razón hegeliana

A man invisible do mercado na economía mercantil

A lóxica obxectiva da HISTORIA

A conspiración xudía no nazismo

A república infeliz

O xardín queimado

 

 

para descargar o poema completo