E depuxen logo as armas porque tiña febre amor
Tantos graos de soidade non son bos para o misterio
Tanta sombra de mercurio achegando a súa canción
Esa altura dos cipreses ese mármore final
Non son bos para a saúde do que canta unha distancia
Non conducen non informan non dan brillo non enuncian
Non se debe superar unha certa cantidade
Unha certa non lle sei cantidade non moi alta
Un outeiro de mercurio co seu cumio alá no alto
LADIES AND GENTLEMEN, YOUR ATENTION PLEASE
LASCIATE OGNI SPERANZA, VOI CH’INTRATE
Que o poeta está manchado pola culpa
Do mar pola orela mireino pasar
O seu traxe leva sangue de linguaxe
A camisa borras negras de caer
A rebolos na lameira das palabras