Algo así como unha paisaxe

tumblr_mbbre570hl1r0jmzao1_500

O río co seu chumbo, a prata do silencio,
xa vai pola distancia deitando unha fariña 
en forma de preguiza ou soños ou insomnio,
un óxido de chagas insomnes, purulentas.

Por iso descubrimos na noite e na mirada
fugaces labirintos de carne ou de cristal.

Percorre territorios de insólitas umbrías
nun voo de clarinetes nevando sobre a chaira da década feliz
camiño do horizonte, do océano, da noite,
de aquí para acolá seguindo unha derrota.
E fica pendurado do tempo, da memoria.

O río co seu chumbo: a prata do silencio.