Da torre que caeu

tumblr_m8wk9axP9j1rsir1oo1_500

E xa as primeiras luces do día se esparexen.

As naves que hai por dentro, caladas a sulcar
cromática de tebras e brillos sanguinarios,
deixando que ocupemos as sombras e os espazos,
os túneles que baixan ao estómago da urbe,
camiñan polo fondo do xardín,
fantasmas que se ergueron da terra humedecida
fundando un horizonte,
os escuros metais.

Un xeito de dicir adeus pero gritando
que ás sombras dunha noite sucede unha mañá,
oh sempre outra mañá
de luces e de tránsito.

A música da voz dispara entre os foguetes
algunha desas vellas palabras que procuran
os labios do imposible.
E todo por soñar unha distancia.

Eu son o que entre as sombras paredes apalpaba,
o que un día entre os salgueiros verteuse por un pozo
e foi parar á torre,
á torre que caeu.