Francesco Guardi

Francesco_Guardi_006

Todo aquilo que fundaron os humanos, con traballo,

con vontade, con astucia,

con esforzos, con afáns,

con desvelos, con xexúns,

con talento e dilixencia,

ha pasar.

Como pasaron os imperios

e os exércitos gloriosos,

os monarcas coa súa pompa e as princesas,

grandes cortes, comitivas

con escravos, con leóns,

con xirafas e elefantes,

estandartes dunha gloria.

Todo foi vertido en cinza,

refugallo dunha época.

Por que ti, maldita arte,

habías de durar,

arrastrada polo vento

nos depósitos de pó.