Far from the madding crowd
William Blake
FELIZ quen acollido nas sombras dalgún souto
As cabras pastorea carente de cobiza
E prende coa súa lira o lume dunha música
De outono engalanada con xestas, con acacias.
Os tránsitos emprende por corgos e sendeiros
Sen ver sequera ao lonxe negocios dos humanos
E liba as augas limpas das follas con xeada
Ou toma das figueiras o froito madurado.
Alí de noite ensume o corpo nunha manta,
Sosega os cans e deixa as cabras a durmir
E entón o ceo enxerga en leda observación
E toma da linguaxe dos astros a palabra.