Picolissima serenata

myWPEdit Image


Questa piccolissima serenata
con un fil di voce si può cantar?
Ogni innamorato all’innamorata
la sussurrerà, la sussurrerà?
 Gianni Ferrio / Antonio Amurri

 

 


Só lembro que aquel ano
A praia estaba inzada de turistas.
Fermosas raparigas
Viñeran desde lonxe ver o mar.


E a tarde percorría a pel sobre o seu lombo
Cargada de presaxios.

Eu era dos que andaban por alí
Feliz, desocupado,
Vertendo a miña vida nun cálice de espantos.

O bronce do verán nos brazos fortes
E un brillo de setembro polos ollos
Falaban desde min sobre a beleza.

Oíase no fondo unha canción
De música italiana.


E as mozas que pasaban ao lonxe parecían
Volver do tempo grego.