Barcelona, canto tempo sen pousarme sobre ti,
Sen deixar que a miña vida se cruzase
Na túa fértil mutación,
No bulicio do que brota algunha flor,
Na borralla sen cura do teu rostro cincento.
Cantos anos desde o día en que houben debuxar
No meu corpo unha tatuaxe co teu rostro de sirea,
Sobre a pel un arrebato de quererte,
Misteriosa alauda, anduriña gris.
Fuches leito dos meus anos máis fermosos.
Moito andei pola túa sombra
Na procura do teu voo.
Moito souben sobre ti sen dicíresme palabra.
Barcelona, unha mañá,
Cando o tempo se esgotaba
E tiña presa por partir.