Ponte

myWPEdit Image

Sentar xunto á varanda que dá ao río
A ler guías de ferrocarril.
Iso facía Chejov, tuberculoso, pouco antes de morrer.
Nas páxinas tomaba apuntamentos, frases sen remate,
Fragmentos claramente mellorables, simples notas.
Unha delas afirmaba:
E cruzarás por entre a néboa a ponte dos suicidas.

Foi fácil para el.
Saír da vida. Camiñar na Historia.