Física Cuántica

myWPEdit Image

Hai días por abril
En que as flores da ameixeira
Dispoñen unha cor de oso consumido,
Ese mesmo cromatismo
Dos despoxos de cabalos
Que se encontran polo monte.

Un branco amarelento que unifica
Morte e nacemento.

Sempre dis que este agrelar das árbores transporta
As luces da alegría,
O brillo da beleza.

Mais teño para min que estás errada.

No horror desas cabezas e esas tibias
Consumidas pola chuvia e os insectos.
Existe a mesma forza:
The force that through the green fuse drives the flower, que dixera Dylan Thomas.

O pulo sideral do acontecer.