‘Como viaxar a Carcasonne!’, dicía o célebre verso de Cunqueiro. E eu fun e fíxenlle esta foto. Non hai vez que pase por Francia que non faga por achegarme e pasar cando menos unha tarde entre as súas murallas. Ou fóra delas. Carcasonne vén de lonxe. Como os poemas e o acontecer. Un pensa que chega a ela mais, en realidade, é ela quen chega a ti. Encontrei esta foto entre as ruínas dun disco duro e non podo, nin quero, evitar compartila.