Soneto do vagabundo

El ía na procura do mar do esquecemento
E andaba na distancia deitando unha fariña,
Erguendo bafos leves na pedra e nos tellados,
Coa cámara pintando aquela irisación.

O inverno atravesaba fechado na conciencia,
Soñando un voo da tarde que ás veces emerxía
E tiña a recompensa dun ollos admirados,
Buscando como un soño a luz do escuro asombro.

Os restos de infortunio nas beiras derrubados
E a tépeda quentura dos lumes que aínda ardían
Propuñan un pigmento de terras e de azul.

E todo tiña un brillo de incerto ou de imposible,
A luz dun barco ido, lembrado con esforzo.
Un reino que perdera nas guerras da tristeza.

myWPEdit Image

photography by Sarolta Bán