Brillante opacidade

El andaba vagabundo polas torres dos praceres
escoitando os seus afáns nunha brisa de opio.

Viña do outro lado do túmulo,
Dunha raza distante,
Carretando escuridade nunha alma sen usar.
Todo antes da estrea da conciencia.

E o mundo estaba alí,
Brillante opacidade.

Un signo que habería decifrar
Se os seus ollos non cansaban de miralo
E os seus pés de perseguilo en cada sombra.

myWPEdit Image