Adiviña

Tardes grises de novembro,
Pó de música e fracaso,
Non sabedes quen vén sendo
Esa voz que desde o fondo
Do silencio vos invoca?

Vós que andades no destino
A pintar unha trompeta
E embriagadas xa vertedes
Un rumor de rodas cansas,
Ignorades quen vén sendo
Ese fío de tristeza
Que se cruza cos imperios
Das carrozas dos astros?

Non serei quen volo diga.

Tan altas as esferas
Do remoto devalar.
Tan escuros os seus voos polo silencio.
Tan celeste a comitiva.

 

myWPEdit Image