A Educación Sentimental de Gustave Flaubert

E medrou, daquela, o noxo que sentía por París.
E, días despois, toma o tren cara a Nogent.
Xa sabedor do desánimo dos barcos,
Da indolencia que hai nos ferris, pensa:
Venceunos a vida, rapaz.
E chora co mirar esparexido
Contra as finas bidueiras,
Inclinadas en acenos de elexía,
Contra as árbores do souto, que tremen de vagar.
Mais axiña lembra aquel pardal que piaba na xanela do seu cuarto,
Cando neno, en primavera.

968full-gustave-flaubert