Mazá

Mater, matiana, materia. Ma.
A sílaba raíz.
Un eme que se funda polos labios.
E un a de plenitude. Ma.
A sílaba sonora.
Nasal polo principio, vocálica despois.
A sílaba central.
Un son que se despraza do alto do nariz
E verte primordial e basilar
Da boca que se abre. Ma.
Trabada nun inicio e libre deseguida.
Estaba escrito:
A nai das materias da madeira é unha mazá.

manzana