Homenaxe

Se puidésemos facerlle unha homenaxe a cada unha das persoas que existiron.
Un por un, unha por unha,
Ir compondo a biografía,
Xeración tras xeración,
Até o límite posible da memoria,

Os moitos miles e millóns que nun principio xurdirán
Paseniño minguarían
Para ser só unhas poucas ducias,
Igual que a convención das súas historias,
Cada vez máis escuras, máis estrañas, misteriosas.

Os seus rostros, a súa roupa, documentos e vestixios,
Gañarían en brillo e en presenza.
O emperador guerreiro, o líder militar,
A raíña ou a sibila dun rito esvaecido,
Nos límites que escinden a historia da prehistoria.

E ao chegarmos a ese punto en que é inútil proseguir
No fondo máis remoto da memoria da existencia
Habería un home cego
Debuxando cos seus labios
Un vapor de alento e néboa
Nunha chaira de África
Nunha aldea do Nepal
Nalgún monte de Siberia
En calquera outro lugar posible ou imposible.

E ese home cantaría nun idioma case absurdo
Algo cálido que dura
Xeración tras xeración
No sorriso dos teus ollos.    

Captura de ecrã 2015-03-31, às 21.24.42