Retallo

Este aceno de pintar os meus grafos no papel,

de facer que esta brancura se derrube,

de levar a miña man na arroutada do seu trazo,

é presenza dunha estraña eternidade.

Porque todo o acontecer que se formase

no carácter vocativo da conciencia,

os milleiros de silencios que romperon

para dar neste discurso,

ficou dentro da espectral eternidade

ao inclinarse para letra.

Por máis que o grafo sexa

unha tinta que se verte no contraste

sobre a inerte superficie do papel,

hai no aceno unha vontade de ficar,

de fixar o que nos pode deparar esta ventura.

O poeta, unha baliza a rexistrar

o percurso das tormentas.

O poema, como a foto, unha ilusión,

unha aposta de mirada.

27789848374_d846dbf1d6_z