Deixo en herdo esta mañá e o seu eco no poema
Aos que seguen o meu curso
Polos pálpitos do século;
Aos que andan pola tebra, a miña propia cegueira;
Á tristeza, unha alegría;
Aos nocturnos, o lumbrigar da alba;
Aos amantes, as viaxes;
Aos poetas, a fortuna
E o legado do meu canto;
Aos veciños, un estanque ou un xardín;
Á cidade, a miña sombra;
Á que eu amo, unha maleta
E outro mapa de Europa;
Aos meus fillos, a emoción
Do que é inefable;
Ao goberno, as miñas débedas;
A Tiresias ou a Ulises,
Os recordos de Grecia
E a facenda sideral do clasicismo;
A Hamlet, unha canción dos Beatles.
E deixo, finalmente, a repartir
Patrimonios e pertenzas,
Capitais dos meus camiños
Polo lóstrego e a lava,
Para os pobres, os perdidos,
Para os náufragos e errantes.
Ninguén teña cobiza.
Hai herdanza para todos.
O universo e a existencia;
Os océanos,
O aire.