A presenza do infinito
No finito deste instante.
A presenza
Dunha luz dentro da sombra,
Dunha alba no solpor,
Dun fogo na humidade,
Como a altura dos pozos,
Como o silencio na música,
Como estátuas a bailar,
Como o tempo nas fotos.
A presenza
Das elipses no falar,
Dos olvidos na memoria.
A presenza
Da distancia.