Tránsito

Houbo un tempo en que todo se evadía:

As horas, as moedas, os mármores, o nome

Das aves entre o fume, os montes a queimar,

Os pés polas areas, a música do outono.

 

As horas decaídas no estrago da derrota

Partiron por outubro,

Efluvios dos navíos que ao lonxe esparexían

En ríos de infortunio,

En pozas de tristeza,

As lúas que vertían alpaca na corrente,

Os soños derramados,

Os gritos afluíntes.

 

E amei como se ama despois dunha tormenta,

No fin dunha batalla,

Na porta dun quirófano.

De corpo amañecido,

De estómago frugal.

fleuve-amazone-from-above-900x1440