Ninguén chega daquela

Disposto a retratar,

Na foto do momento,

A luz do novo instante.

 

E alá imos vertendo

Nas augas, derramando

Nas lamas, envorcados

No lixo e na borralla,

Coas augas e coas flores,

Cos restos dun poema sen facer.

 

Andan aves voandeiras

Neste fume da cidade,

Voan libres nos cafés

A ciscar polos outonos

Destes raios derradeiros

Unha sombra lenta e grave,

O perfil da nova era,

Os espectros da sazón.

 

Rodan círculos, aneis,

Lamias e arandelas.

Viran, volven e remiten

As sortellas deste encontro,

A alianza do sol e do frío,

A derrota deste tempo de derrotas.

 

el-tiempo-y-su-esencia-administracion-del-tiempo