E andan nubes a verter o seu corpo no horizonte,
Derramadas de outubro ou de novembro,
Amplas, libres, derretidas,
Como un longo carrusel que vira o mundo,
E deléitannos co fume,
Suspendidas na tristeza,
A daren conta de que segue
O balbordo e o bulicio,
A algarabía.
Porque a vida son clamores
E disturbios e tumultos.
O ballet dunha paixón,
Abanqueiros e fervenzas.