Pedireivos que collades o poema

E o fixedes no cristal dunha xanela

A contraluz

Como se fose o negativo dunha foto.

 

Ou que o poñades xunto á orella

Como fan os nenos cando encontran

Unha caixa,

Unha lanterna,

Por ver se o movemento

Devolve algo de música.

 

Ou que lle soltedes un ratiño por adentro,

Un deses murelos diminutos

Que andan a roer no pan

Pola cociña,

A dar voltas, viravoltas,

En busca da saída.

 

Ou que lle deades un paseo no interior

A cegas,

Apalpando nas paredes una chave da luz.

 

Ou que lle fagades surf sobre as ondas

Dos versos como liñas

Nun saúdo feliz desde a distancia

Baixo a cresta devalante.

 

O máis importante, porén,

Algo que non debedes esquecer,

É atalo a una cadeira

E darlle golpes brutalmente.

 

E que diga canto sabe.

 

Non pode andar por aí

Sen facernos o relato

Do seu sentido máis secreto.

I ask them to take a poem  

and hold it up to the light  

like a color slide 

Billy Collins

2dac3e131c5ce63923e1aa514de58563