Onte á noite

Na rompente do mencer

Sentín como a coruxa

Oulaba na negrume.

 

O parque fica lonxe.

E debes de virar

Á esquerda cara ao fondo

Se queres encontralo.

Acaso cinco ou seis

Minutos camiñando.

 

Mais eu, dentro do leito,

Soñaba residir

Na árbore do canto.

Na árbore do canto.

 

E a ave prolongaba

O anuncio da mañá,

Da luz do novo día.

 

Despois de varias horas,

Xa perto da noitiña,

Pasei polo lugar.

 

O vento varre as follas

E hai leña derramada.

E mostras da ruína

Do outono sobre a terra.

 

E nada testemuña,

Entre restos, refugallos,

O triunfo ou o esplendor,

A palma da vitoria.

 

Supoño que a mensaxe

Da ave contería

Secretos privilexios

Da árbore do canto.

 

el-orante