Sobre O Canto da Sibila

Publicado na revista Tempos Novos 235, no suplemento Protexta.

Levamos demasiado tempo considerando que o principal litixio desenvolvido no seo da nosa poesía, ao longo do pasado século, foi aquel que enfrontou o denominado culturalismo co realismo social. E esta lectura da tradición, como tantas outras cousas, poida que sexa, á luz dos novos tempos, unha lectura xa obsoleta. Explicareime.

A partir dos anos cincuenta, comeza a darse en Galicia outro conflito, moito máis sutil, se acaso, e que poderíamos considerar desde a perspectiva dunha polarización entre a poesía da revelación, da ereignis, do evenément, da epifanía, do acontecemento, que se culmina coa publicación en 1962 do Nimbos de X. M. Díaz Castro, (“porque o poema é un nimbo de luz”) e o culturalismo cunqueiriano que se erixe como primeira mostra do que se vén denominar post-lírica.

Temos que aclarar que esta post-lírica xorde da coincidencia dunha serie de factores que enche de argumentos unha “morte da poesía” e que serían os seguintes:

para ler o artigo completo premer aquí: sobre-o-canto-da-sibila

sibila-copiar

Editorial: Galaxia Colección: Dombate (Poesía), 94 páx., PVP: 12.00 €

Data publicación: outubro 2016