Memorias e camiños que o tempo me tatuou,

Aldeas e lugares da alma polos libros,

Motores en que xiran as chagas do vivir,

E noites que se foron baixando por un río.

 

A cor que traen as horas, sinal de labirintos,

Un trazo do imposible que pesa sobre o lombo,

Ten aves que viñeron voar no esquecemento.

 

A noite fica impresa nun voo de néboa azul

E anda no silencio unha ferida,

Deixando os seus pigmentos nas casas contra o mundo.

 

Nos cólicos dos tristes asuma ao fin Saturno.

 

E sombra, escuridade,

O chumbo que derreten,

O costro que licúan

Fogares e moradas, vivendas, apousentos.

 

Esta noite ten a rúbrica dun país que se fugou,

Un estigma da tristeza,

O sinal dunha caída, a cicatriz

De apousentos queimados, domicilios de fume.

 

kush36