Elektra andaba escura, inaccesible,
As bandeiras confundidas, estandartes tenebrosos,
As insignias e os emblemas do sombrío e do secreto,
Eran astros e luceiros,
Campás da adversidade.
Non había na cidade, nos suburbios e distritos,
Outra glosa que a tristeza,
Outra engádega de luz
Que as bágoas que vertemos,
Máis enigma que observar
Que algún pórtico entreaberto, unha cancela
Para o alto dunha torre,
Mirador da inmensidade.
Mais a chuvia estaba alí
Nunha hora tormentosa.
Embazando a nosa cifra
No insondable.
Torre ou pozo estaba Elektra
Noutro plano, noutra altura.