Medra a herba na memoria do cabalo.

O vento está nos soños da andoriña.

O mar é unha emoción nos músculos do peixe.

 

Como chamar a luz que che aparece

Polo fondo de antigos corredores,

Nos roupeiros que inda gardan os insomnios,

Nos espellos en que brillan as sombras e os espectros.

 

Alento, animación, fervor, continuidade?

 

O tempo deuche a mina dos instantes.

Ti arrincas da súa veta a xema do carbón,

O gromo das mañás,

A hálito da cinza e da riqueza.

Raíces de tormenta que acertan a gritar:

 

“Hai décadas que optei

Por vivir eternamente

Ou morrer no meu empeño”.

 

67e9869b512643030800cf105f2abf71