Chaves

Conservo moitas chaves de portas que fechei ao longo da existencia.

Casas, caixas, cadeados,

Ferrollos e cancelas

Que xa non hei de abrir.

Entradas ou saidas

De portas e lugares.

Estoxos que gardaban

Alfaias e tesouros.

Tesouros que perdín,

Tamén dilapidei.

Obxectos da apertura,

De atrancos superados.

Sinais da reclusión

Sen fin,

Confinamentos.

De chagas, cicatrices,

De bocas, apousentos.

Sombras de chaves

Finalmente.

keys-1023939_960_720