Señor,
ti que despido te compraces nas cereixas, nas granadas,
nas gaivotas e pardelas a chiar polos cons,
se acaso nos meus dias non houber
unha noite branca onde ancorar os versos,
que a tua man acostumada
as colleitas de cinza no outono
roube do meu corpo a eternidade
de O regreso das ninfas, 1985