Como hei trobar oh íntima Toledo
a xoia dos teus mármores, o voo
e a fragancia do teu corpo de oliva?
Como as aves que sulcan o ceo debuxando na brisa unha ponte
e a soidade dos ríos que baixan ao encontro do esteiro?
Coa tristeza do eco que deixa o rabel afogando suores de incenso?
Non. Mellor será que te garde
para o canto do ouriol.
de O regreso das ninfas, 1985