Os ceos están na orixe do romantismo na imaxe neoclásica.
A sexta de Beethoven. E a súa tormenta. Turbando o espertar feliz de encontrarse no campo.
Sintagma e entropía.
Harmonía e trebón.
As cordas pitagóricas e a percusión.
Verdi e Wagner.
A segunda lei da termodinâmica. Cando un sistema reduce a súa entropía no interior esta aumenta no exterior.
Día: 06/03/2019
Presenza
Esas cruces erixidas por temor á providencia. Ese arbusto floral por debaixo da enramada. Eses sinos preparados para o aviso. Ese ceo como un espello das ignotas turbacións.