Somos un suxeito descosido, unha escisión escópico-invocante. A ponte, unha costura da ferida (do río). Na beira de aquén, Narciso; na de alén, Eco.
Sendo o mesmo non se recoñecen; senten como estraña a voz e o aspecto. Eu non son ese que soa; eu non son ese reflexo.
As augas son o hiato, a fenda. A pausa que interrompe.