A condición heroica de Ícaro residía no seu reto ao imposible: tentar chegar ao sol cunhas ás de cera que derreterían coa calor. Cabe, porén, un ÍCARO LUNAR, unha especie de Orlando Furioso que, Ludovico Ariosto mediante, tentase pór pé no satélite selenita, como se o espazo que media entre Selene e Xea fose transitable nunha viaxe aérea ou por mar que calquera puidese emprender.
Orlando encontrando nunha cova a Isabel, filla do rei de Galicia, namorada de Zerbino, fillo do rei de Escocia. Orlando Furioso, con música de A. Vivaldi, sobre un libretto de Grazio Braccioli.
