A palabra botón vén do francés antigo botón (actual bouton). derivada de broter (brotar), por ser o botón o brote novo da planta, unha peza que abrolla da roupa polo ollal e, en xeral, unha peza que sobresae de outra.
En galego ten unha chea de sinónimos: brocho, carolo, rebento, xema, xermolo…
No Porto, na rúa da Cedofeita, existe un establecemento que sempre chama a miña atención polos numerosísimos botóns que mostra: BOTÓNIA.
Na única anestesia xeral que experimentei até agora tiven un soño recorrente: un desfile de caixas e caixas de botóns nun trávelling interminable.
Sempre que paso pola Cedofeita detéñome a mirar as novidades, que asombran os cidadáns da República Portuguesa desde hai máis de once décadas. A señora que atende foi tan amable que se ocultou para tirar a foto.
BOTÓNIA, BOTÕES COM HISTÓRIA.
